A avaliación terá moi en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
Recoméndase o uso dos recursos da biblioteca.
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo, presentación ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
As/os estudantes de intercambio deben consultar co/a profesor/a da materia se teñen estudos lingüísticos previos para poder seguir esta materia adecuadamente. |