Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dunha presentación / documento sobre a temática da materia, en grupo e de forma oral. 15 A1
A2
A3
A4
A5
B4
B5
B6
B8
B9
B10
B12
B13
C96
C97
C98
C100
C102
C103
C104
C105
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa.
40 A1
A4
A5
B3
B4
B6
B8
B9
C96
C97
C98
C100
C102
C103
C104
C105
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. Os alumnos deben desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 45 A1
A4
A5
B3
B4
B6
B8
B9
C96
C97
C98
C100
C102
C103
C104
C105
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Mediante a presentación e exames elaborados neste curso as/os estudantes demostrarán: i) a
súa comprensión dos cambios lingüísticos e históricos de maior importancia na historia da
lingua inglesa; ii) a súa habilidade para recompilar e analizar datos lingüísticos e históricos/sociais e
presentar información e argumentos claros e precisos de forma oral e escrita.

1ª edición de actas

A avaliación será continua e realizarase consonte ao detallado nesta sección.

Presentación (15%). A presentación levarase a cabo en grupo. A extensión e temática negociarase co/a profesor/a durante as primeiras catro sesións do curso. Se a/o estudante non contacta co/a profesor/a para negociar grupo, tema e data de presentación, a/o
estudante perderá o 15% completo.

Na primeira
edición de actas, o progreso do alumnado será avaliado principalmente en dous exames (40% o primeiro parcial e 45% o segundo),
mediante os que se avaliarán a habilidade de aplicar o coñecemento teórico aos
temas explicados nas sesións maxistrais e nos seminarios. O primeiro exame terá lugar na data fixada no programa da materia que se lle presenta ao alumnado na primeira sesión. O segundo exame terá lugar no período de exames en maio e coincidirá coa data de exame de avaliación única aprobada pola Xunta da FFT.

É obrigatorio presentarse aos dous exames parciais e facer a presentación durante unha sesión presencial; de non ser así, a/o estudante perderá a avaliación continua e deberá ir á segunda edición de actas en xullo con toda a materia.

No caso de que a cualificación do primeiro exame parcial non acade unha nota de 4 sobre 10, a/o estudante non eliminará materia e deberá realizar novamente unha proba
correspondente aos contidos completos do curso coincidindo coa data da segunda proba no período de exames. Para o alumnado que se presentou ao primeiro parcial e non acadou un 4 sobre 10, este exame constituirá o 85% da cualificación final, mantendo así o
15% da presentación. 

Para aprobar a materia, a nota da segunda proba parcial (45%) debe de superar unha cualificación de 4 sobre 10. A nota de corte para a segunda proba global (85%) é 4,5 sobre 10. De non acadar a cualificación establecida como corte para a segunda proba parcial (4) ou para a proba global (4,5), a nota da presentación NON fará media aritmética e a nota final será de 'suspenso'.   

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable. Terase en conta a participación
activa na clase, especialmente na elaboración de exercicios; porén, a
asistencia por si mesma non é un elemento avaliable. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior
debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar co/a
profesor/a, con anterioridade á data de realización da proba. Os exames parciais considéranse oficiais, e polo tanto, un cambio de data debe de estar sempre suficientemente xustificado (accidente, operación quirúrxica ou falecemento de familiar en primeiro grado na data exacta do exame).

1ª edición de actas, avaliación única

Haberá unha
modalidade de avaliación única na primeira edición de actas para aquelas/es
estudantes que por motivos xustificados non poidan facer un seguimento regular
da materia en avaliación continua. 

A avaliación
constará dun exame extenso baseado nos contidos da materia. Para o alumnado que escolla dende o comezo de curso o sistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. A data deste exame será a establecida pola Xunta de FFT para o período de exames de maio. Para superar esta proba, o/a alumno/a debe de acadar un 5 sobre 10. 

A escolla da opción de avaliación única en ningún caso supón a perda do dereito a
asistir ás aulas sempre que sexa posible. O
alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsable de manter un
contacto continuado coa materia a través da plataforma Faitic.

2ª edición de actas

Na segunda
edición de actas a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado
nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de
Facultade. Para superar esta proba, o/a alumno/a debe de acadar un 5 sobre 10. 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000