Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación e implicación do alumnado nas sesións presenciais ou fóra da aula: atención, comentarios e preguntas ao fío das explicacións e resolución de actividades encomendadas. Parte destes exercicios serán puntuados pola profesora. 10 A3
B8
B12
C97
C98
C99
C100
C104
Probas de resposta curta Exame parcial - primeira parte. Resolución de exercicios relacionados cos contidos impartidos na primeira parte do curso. 45 A3
B8
B12
B13
C96
C97
C98
C99
C100
C104
Probas de resposta curta Exame parcial - segunda parte. Resolución de exercicios relacionados cos contidos impartidos na segunda parte do curso. 45 A3
B8
B12
B13
C96
C97
C98
C99
C100
C104
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Mediante os
exercicios e exames elaborados neste curso as/os estudantes demostrarán: i) a
súa comprensión dos cambios lingüísticos de maior importancia na historia da
lingua inglesa; ii) a súa habilidade para analizar datos lingüísticos e
presentar un argumento claro e preciso.

1ª edición de actas

A avaliación será continua e realizarase consonte o detallado nesta sección.

Entrega regular de tasks/exercicios (10%). Os exercicios serán entregados en relación
ás unidades temáticas. A maioría dos exercicios deberán ser
entregados mediante a plataforma virtual Faitic. A entrega dos exercicios
despois da data fixada como límite non será aceptada se non está debidamente
xustificada. Se a/o estudante non entrega catro ou máis destas tarefas, a/o
estudante perderá o 10% completo.

Na primeira
edición de actas o progreso do alumnado será avaliado principalmente en dous exames (45% cada exame),
mediante os que se avaliarán a habilidade de aplicar o coñecemento teórico ós
temas explicados nas sesións maxistrais e nos seminarios. A profesora
proporcionará guías detalladas sobre o procedemento de avaliación, previamente
a cada exame. O primeiro exame terá lugar ao rematar a Unit 4 sobre Morphology na data acordada co alumnado en clase. O segundo exame terá lugar no período de exames en maio e coincidirá coa data de exame de avaliación única aprobada pola Xunta da FFT.

É obrigatorio presentarse ós dous exames; de non ser así, a/o estudante perderá a avaliación contíinua e deberá ir á segunda edición de actas en xullo con toda a materia.

No caso de que a cualificación do primeiro exame parcial non acade unha nota de
3.5, a/o estudante non eliminará materia e deberá realizar novamente unha proba
correspondente aos contidos completos do curso coincidindo coa data da segunda proba no periodo de exames. Para o alumnado que se presentou ao primeiro parcial e non acadou un
3.5, este exame constituirá o 90% da cualificación final, mantendo así o
10% do compoñente de exercicios.

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable. Terase en conta a participación
activa na clase, especialmente na elaboración de exercicios; porén, a
asistencia por si mesma non é un elemento avaliable. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior
debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa
profesora, con anterioridade á data de realización da proba.

1ª edición de actas, avaliación única

Haberá unha
modalidade de avaliación única na primeira edición de actas para aquelas/es
estudantes que por motivos xustificados non poidan facer un seguimento regular
da materia en avaliación continua. 

A avaliación
constará dun exame baseado nos contidos da materia (os dous parciais). Para o alumnado que escolla dende o comezo de curso o sistema de avaliación única, a nota deste exame constituirá o 100% da cualificación final. A data deste exame será a establecida pola Xunta de FFT para o periodo de exames de maio.

A escolla da opción de avaliación única en ningún caso supón a perda do dereito a
asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. O
alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsable de manter un
contacto continuado coa materia a través da plataforma Faitic.

2ª edición de actas

Na segunda
edición de actas a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado
nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de
Facultade.

Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000