Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Historia do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Resolución de exercicios, problemas ou pequenos traballos que o alumnado realizará na clase e/ou de forma autónoma fóra da aula e que serán puntuados pola profesora. 20 A3
B1
C3
C4
C5
C12
D3
D5
Probas de resposta curta Exame parcial - primeira parte. Resolución de exercicios relacionados cos contidos impartidos na primeira parte do curso, ata o tema de Middle English Morphology. 35 A3
C3
C4
C5
C6
C8
D3
D5
Probas de resposta curta Exame parcial - segunda parte. Resolución de exercicios relacionados cos contidos impartidos na segunda parte do curso, despois do tema de Middle English Morphology. 45 A3
C3
C4
C5
C6
C8
D3
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Mediante os
exercicios e exames elaborados neste curso as/os estudantes demostrarán: i) a
súa comprensión dos cambios lingüísticos de maior importancia na historia da
lingua inglesa; ii) a súa habilidade para analizar datos lingüísticos e
presentar un argumento claro e preciso.

1ª edición de actas

A avaliación será contínua e realizarase consonte o detallado nesta sección.

Na primeira
edición de actas o progreso do alumnado será avaliado principalmente en dous exames (80% da nota final),
mediante os cales se avaliarán a habilidade de aplicar o coñecemento teórico ós
temas explicados nas sesións maxistrais e nos seminarios. A profesora
proporcionará guías detalladas sobre o procedemento de avaliación, previamente
a cada exame. O primeiro parcial terá lugar ao rematar o tema de Morphology na
semana 14-18 de marzo. O segundo parcial terá lugar a semana seguinte de
rematar o período de docencia.

É obrigatorio presentarse ós dous exames; de non ser así, a/o estudante perderá a avaliación contínua e deberá ir á segunda edición de actas con toda a materia. Igualmente,
no caso de que a cualificación do primeiro exame parcial non acade unha nota de
4, a/o estudante non eliminará materia e deberá realizar novamente unha proba
correspondente a ese bloque coincidindo coa data da segunda proba en maio.

O terceiro
compoñente de avaliación consiste na entrega regular de tasks/exercicios (20%). Os exercicios serán entregados en relación
ás unidades temáticas, normalmente un por tema. Algúns exercicios deberán ser
entregados mediante a plataforma virtual Faitic. A entrega dos exercicios
despois da data fixada como límite non será aceptada se non está debidamente
xustificada. Se a/o estudante non entrega catro ou máis destas tarefas, a/o
estudante perderá o 20% completo.

A asistencia ás aulas é altamente recomendable e aconsellable. Terase en conta a participación
activa na clase, especialmente na elaboración de exercicios; porén, a
asistencia por si mesma non é un elemento avaliable.  Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior
debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa
profesora, con anterioridade á data de realización da proba.

1ª edición de actas, avaliación única

Haberá unha
modalidade de avaliación única na primeira edición de actas para aquelas/es
estudantes que por motivos xustificados non poidan facer un seguimento regular
da materia en avaliación continua, e para aquelas/es que suspenderon o primeiro
exame cunha nota inferior a 4.

A avaliación
constará dun exame único, baseado nos contidos da materia (os dous parciais) e
cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na
mesma data ca o segundo exame parcial en maio.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a
asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. O
alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsable de manter un
contacto continuado coa materia a través da plataforma Faitic.

2ª edición de actas

Na segunda
edición de actas a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado
nos contidos da materia e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final.
Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de
Facultade.

Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Outros comentarios

As/os estudantes
deberán entregar os exercicios, tarefas e lecturas que a profesora considere
oportunos para cada unidade.

Todas as probas
en tódalas convocatorias cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

Recoméndase que
as/os estudantes asistan a clase con regularidade, e que visiten a plataforma
virtual tamén con regularidade. Os avisos e anuncios faranse por medio da
plataforma virtual Faitic e vía correo electrónico. É responsabilidade da/do
estudante consultar os medios de comunicación establecidos.

A integridade
académica é fundamental, e espérase de tódalas/os estudantes. Non se tolerará
un comportamento inadecuado (sexa copia, plaxio, traballo conxunto non
autorizado, etc.), e será debidamente penalizado cunha nota 0 na tarefa en
cuestión. De ser unha falta moi grave, pode resultar nunha nota 0. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000