Mediante os exercicios elaborados neste curso as/os estudantes demostrarán: i) a súa comprensión dos cambios lingüísticos de maior importancia na historia da lingua inglesa; ii) a súa habilidade para analizar datos lingüísticos e presentar un argumento de xeito claro e preciso. O progreso das/dos estudantes será evaluado principalmente en dous exames (80% da nota final), mediante os cales se avaliarán a habilidade de aplicar o coñecemento teórico ós temas explicados nas sesións maxistrais e nos seminarios. A profesora proporcionará guías detalladas sobre o procedemento de avaliación, previamente a cada exame. É obrigatorio presentarse ós dous exames; de non ser así, a/o estudante perderá a convocatoria de maio e deberá ir ó exame de xullo con toda a materia. O primeiro exame terá lugar na semana despois do periodo non lectivo. O segundo exame terá lugar en maio. O terceiro compoñente de avaliación consiste na entrega regular de tarefas/exercicios (20%). Estas serán correxidas pola profesora. Algúns exercicios deberán ser entregados mediante a plataforma virtual. A entrega dos exercicios despois da data fixada como límite non será aceptada se non está debidamente xustificada. Se a/o estudante non entrega catro ou máis destas tarefas, a/o estudante perderá o 20% completo. A asistencia a clase é altamente recomendable e aconsellable. A profesora terá en conta a participación activa na clase, especialmente nos seminarios. A integridade académica é fundamental, e espérase de tódalas/os estudantes. Non se tolerará un comportamento inadecuado (sexa copia, plaxio, traballo conxunto non autorizado, etc.), e será debidamente penalizado cunha nota 0 na tarefa en cuestión. De ser unha falta moi grave, pode resultar nunha nota 0 na convocatoria de maio. As/os estudantes que non poidan asistir a clase regularmente deben contactar coa profesora ó principio do curso (nas primeiras dúas semanas). Serán avaliados mediante un exame final único. Recómendase que asistan sempre que sexa posibel e que visiten a plataforma virtual regularmente. As/os estudantes en convocatoria extraordinaria (xullo) serán avaliados mediante un exame único. |