Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto que poden ser escritos ou orais. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase especialmente en conta a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. A valoración por participación e presentacións orais voluntarias poderá aumentar ata nun 20% a nota final obtida nos exames parciais da materia. (+20) A1
A3
A4
A5
B2
B5
B6
B7
B8
C156
C157
C159
C160
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase en cada exame tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. Celebraranse dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia, nas semanas que se explicitan en Outros comentarios. 100 A2
A3
A4
B2
B3
B5
B6
B8
C156
C157
C158
C159
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio total ou
parcial
en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade.

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1-AVALIACIÓN CONTINUA. PARCIAIS: Existen 2 exames parciais fixados para a materia en horario de clase, cada un deles computará un 50%. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Ambas datas faranse públicas ao comezo do cuadrimestre  na sesión introdutoria e publicaranse en Faitic no Cronograma da materia .

En caso de que a media entre ambos exames sexa de suspenso o alumnado deberá concorrer ao exame único baseado nos contidos globais de toda a materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final . A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar ÚNICAMENTE no período de exames (Xuño/Xullo) na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 

A valoración por participación e presentacións orais voluntarias poderá aumentar ata nun 20% a nota final obtida nos exames parciais da materia.

2-AVALIACIÓN ÚNICA. EXAME ÚNICO:No caso de alumnado que non concorra aos exames parciais  a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar ÚNICAMENTE no período de exames  (Maio) na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade. 

O alumnado ERASMUS/Alleo deberá axustarse á normativa que rexe para o alumnado da UVigo neste senso. NON se farán EXCEPCIÓNS en ningún caso.

É responsabilidade do alumnado que non asista ás clases manterse informado de todo o relacionado coa materia a través de Faitic e de presentarse aos exames nas datas
establecidas, que se anunciarán a través da plataforma dixital ao inicio do cuadrimestre.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar ÚNICAMENTE na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

O alumnado ERASMUS/Alleo deberá axustarse á normativa que rexe para o alumnado da UVigo neste senso. NON se farán EXCEPCIÓNS en ningún caso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000