Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto que poden ser escritos ou orais. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase especialmente en conta a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 20 A1
C3
C5
C6
C7
C8
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase en cada exame tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. Celebraranse dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia, nas semanas que se explicitan en Outros comentarios. 80 [40+40] A2
C3
C5
C6
C8
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio total ou
parcial
en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade.

O alumnado que por causas xustificadas non poda asistir ás sesións presencias , deberá comunicarllo ás profesoras  nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso contemplarase a avaliación (única) só en relación á cualificación obtida nos exames fixados para a materia, cada un deles computará un 50% da
cualificación final. Acompetencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Ambas datas faranse públicas ao comenzo do cuadrimestre  na sesión introductoria e publicaranse en Faitic no Cronograma da materia . En caso de que a media entre ambos exames sexa de suspenso o alumnado deberá concorrer a  un exame único baseado nos contidos globais de toda a materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final . As condicións do mesmo se expresan no último parágrafo debaixo.

É responsabilidade do alumnado que non asista ás clases  manterse informado de todo o relacionado coa materia a través de Faitic e de presentarse aos exames nas datas
establecidas, que se anunciarán a través da plataforma dixital ao inicio do cuadrimestre.

O primeiro exame terá lugar ao remate do 1º bloque temático. O
segundo exame terá lugar ao remate do 2º bloque temático.A
competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán
avaliadas. Ambas datas faranse públicas ao comenzo do cuadrimestre  na sesión introductoria e publicaranse en Faitic no Cronograma da materia .En
caso de que a media entre ambos exames [ 80% da nota global total]+ a
cualificación obtida por participación [20% da nota global total] sexa de
suspenso o alumnado deberá concorrer a  un exame único baseado nos
contidos globais de toda a materia, que combinará preguntas teóricas e
exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final . As condicións do mesmo se expresan no parágrafo debaixo.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar ÚNICAMENTE na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade. O alumnado ERASMUS/Alleo deberá axustarse á normativa que rexe para o alumnado da UVigo neste senso. NON se farán EXCEPCIÓNS en ningún caso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000