Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre aspectos do programa que se determinarán baixo a supervisión da profesora de prácticas. Cada persoa será avaliada pola súa contribución individual, e avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestos textos, que deben entregarse á profesora na mesma data da presentación a través da plataforma virtual Tema. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Participación activa nas clases e exercicios de comentario de texto que poden ser escritos ou orais. Para a avaliación deste aspecto consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión oral e/ou escrita. Terase especialmente en conta a pertinencia dos comentarios en relación aos contidos da materia. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dous exames baseados nos contidos da materia, que combinarán preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase en cada exame tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. Celebraranse dentro do calendario de docencia, na hora e aula correspondentes á materia, nas semanas que se explicitan en Outros comentarios. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O plaxio total ou
parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade
.

Se algunha alumna/o
non pode asistir regularmente por motivos xustificados e prefire realizar
exclusivamente os exames, deberá comunicarllo ás profesoras argumentadamente
nas primeiras dúas semanas do curso. Nese caso, será avaliada/o exclusivamente
mediante os exames fixados para a materia, cada un deles computará un 50% da
cualificación final
, e non se considerará o traballo realizado na aula. A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posible, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o
alumnado que non asista ás clases será responsable de manter un contacto
continuado coa materia a través de Faitic e de presentarse aos exames nas datas
establecidas, que se anunciarán en Faitic ao inicio do cuadrimestre.

O primeiro exame terá lugar na semana do 9 ao 13 de marzo. O
segundo exame terá lugar na semana do 27 ao 30 de abril. A data exacta
publicarase en Faitic e máis no Cronograma da materia ao inicio do
cuadrimestre.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. A competencia lingüística e a
correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas. Este exame terá lugar
na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e
titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000