Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre aspectos teóricos do programa que se determinarán baixo a supervisión da profesora. Cada persoa será avaliada pola súa contribución individual, e avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. 20
Traballos e proxectos Elaboración dun ensaio escrito que aborde o estudo dalgún dos conceptos claves da teoría e crítica postcolonial no texto _Of Customs and Excise_ de Rachna Mara. O traballo terá unha extensión de entre 5 e 9 páxinas, en fonte Times New Roman 12, dobre espazo, bibliografía incluída. A data de entrega do traballo final anunciarase ao inicio do curso. A profesora deixará as condicións formais requiridas para o ensaio e instrucións sobre referencias bibliográficas en Faitic. Para a avaliación consideraranse tanto as competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. 30
Outras Exame baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos. Avaliarase tanto a adquisición de competencias relacionadas cos contidos teóricos coma as relacionadas coa construción de argumentos sólidos e a súa correcta expresión escrita. Celebrarase na data oficial de maio/xuño fixada pola Xunta de Facultade. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición de actas a avaliación será continua. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un
mínimo do 80% das aulas. Igualmente, é obrigatorio expoñer e entregar no prazo establecido os traballos
incluídos na avaliación. Os traballos non realizados ou entregados fóra de prazo contarán coma
un 0. Do mesmo xeito, os traballos que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan erros
gramaticais graves contarán coma un 0.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un 0 nese traballo. Alegar descoñecemento do que supón un
plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

Se algunha alumna/o non pode acollerse á avaliación continua por motivos xustificados, deberá comunicarllo á profesora
argumentadamente ao comezo do cuadrimestre. Nese caso, poderá ser avaliada/o mediante un exame único, baseado
nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial de maio/xuño aprobada pola Xunta de
Facultade. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posible, o cal
se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que escolla esta opción será responsable de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

Na segunda edición das actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da
materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. A competencia lingüística e a correcta exposición argumentativa tamén serán avaliadas.

Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se implique activamente no seu
proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000