Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios II do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta longa, de desenvolvemento proba 1: identificación e análise guiado dun extracto de lecturas obrigatorias (s XIX) 40 C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
D3
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento proba 2: identificación e análise guiado dun extracto das lecturas obrigatorias (s. XX) 50 C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
D3
D4
Outras Participacion oral RELEVANTE na discusión grupal de extractos e textos literarios. 10 C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
C9
C10
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación recomendada desta materia será continua. A non asistencia e/ou a non entrega dos traballos e actividades avaliables nas datas correspondentes implica a perda da cualificación porcentual indicada enriba para cada unha das partes. O alumnado non asistente dende un principio poderá optar por unha avaliación única que constitúe o 100% da cualificacion, na 1ª e na 2ª edición de actas. Este tipo de alumnado será avaliado exclusivamente en función de exame final, que será simultáneo coa data da segunda proba de resposta longa.

As datas exactas das probas de avaliación continua será concretadas co colectivo de alumnos/as asistentes. En todo caso a primeira terá lugar entre a cuarta e a sexta semana de curso, e a segunda terá lugar na ultima semana lectiva do curso. Ambalas dúas datas serán anunciadas coa debida antelación (8-10 días) na paxina de Faitic para esta materia. 

Calquera alumna/o de avaliación continua que, ó final de curso, non superara a avaliación continua (sexa por notas insuficientes ou por non cumprimento) terá dereito a un exame final na 2ª edición de actas (xullo) que constitúe o 100% da cualificación, exactamente nas mesmas condicións que o alumnado non asistente dende un principio. Ver Nota 1 e Nota 2.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar decoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Estas condicións de avaliación se aplicarán de forma idéntica o alumnado ERASMUS, ISEP ou outro alumnado de intercambio que curse a materia. En atención ás competencias de materia e de titulación sobre valores democráticos e igualdade  , non haberá ningún tipo de "discriminación positiva" cara ó alumnado de intercambio, calquera que sexan as súas circunstancias académicas na súas universidades de orixe.

NOTA 1: En ningún caso se contemplarán vías de avaliación intermedias entre os dous sistemas de avaliación (continua/única).

NOTA 2: Comezado o curso e obtida a primeira cualificación no sistema de avaliación continua, enténdese que este alumnado asume e acepta dito sistema irrevocablemente para a 1ª edición de actas. Caso de abandonar prematuramente o sistema de avaliación continua a/o alumna/o só poderá optar a ser cualificado na 2ª edición de actas (xullo) e será cualificado NP na 1ª edición.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000