Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios II del primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral
Asistencia e participación relevante nas sesións de aula.
10
Traballos de aula
Proba escrita tipo comentario de textos a realizar na aula. Dous ó longo do curso.
40
Presentacións/exposicións
Presentacións orais en parellas, sobre un tema programado.
10
Traballos e proxectos Elaboración dun traballo longo de tema predefinido en horas de traballo autónomo (biblioteca / casa). 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación recomendada desta materia será continua. A non asistencia e/ou a non entrega dos traballos e actividades avaliables nas datas correspondentes implica a perda da cualificación porcentual indicada enriba para cada unha das partes. O alumnado non asistente dende un principio poderá optar por unha avaliación única que constitúe o 100% da cualificacion, na 1ª e na 2ª edición de actas. Este tipo de alumnado non terá que facer ningún traballo durante o curso, nin terá a obriga de asistir a clase (agás en calidade de oínte) e será avaliado exclusivamente en función de exame final. 

O plaxio total ou parcial en calquera traballo de preparación autónoma suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento das implicacións do plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade.

Calquera alumna/o de avaliación continua que, ó final de curso, non superara a avaliación continua (sexa por notas insuficientes ou por non cumprimento) terá dereito a un exame final na 2ª edición de actas (xullo) que constitúe o 100% da cualificación, exactamente nas mesmas condicións que o alumnado non asistente dende un principio. Ver Nota 1 e Nota 2.

Estas condicións de avaliación se aplicarán de forma idéntica o alumnado ERASMUS, ISEP ou outro alumnado de intercambio que curse a materia. En atención ás competencias de materia e de titulación sobre valores democráticos e igualdade (competencias 1 e A2) , non existirá ningún tipo de "discriminación positiva" cara ó alumnado de intercambio, calquera que sexan as súas circunstancias académicas na súas universidades de orixe.

NOTA 1: En ningún caso se contemplarán vías de avaliación intermedias entre os dous sistemas de avaliación (continua/única).

NOTA 2: Comezado o curso e obtidas as primeiras cualificacións no sistema de avaliación continua, enténdese que este alumnado asume e acepta dito sistema para a 1ª edición de actas. Caso de abandonar máis tarde o sistema de A.C. a/o alumna/o só poderá optar a ser cualificado na 2ª edición de actas (xullo).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000