Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios II del primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Asistencia e participación relevante nas sesións de aula. 10
Traballos de aula Ensaios, probas escritas tipo comentario de textos a realizar na aula. Tres ó longo do curso. 30
Presentacións/exposicións
Presentacións orais en parellas ou grupos de 3, sobre un tema a elixir.
10
Traballos e proxectos Elaboración de traballos longos de tema predefinido en horas de traballo autónomo (biblioteca / fogar) sobre unha ou varias lecturas do temario. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación recomendada desta materia será continua. A non asistencia e/ou a non entrega dos traballos e actividades avaliables nas datas correspondentes implica a perda da cualificación porcentual indicada enriba para cada unha das partes. O alumnado non asistente dende un principio poderá optar por unha avaliación única que constitúe o 100% da cualificacion, na 1ª e na 2ª edición de actas. Este tipo de alumnado non terá que facer ningún traballo durante o curso, nin deberá asistir a clase, agás en calidade de oínte.


O plaxio total ou parcial en calquera traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento das implicacións do plaxio non eximirá ó alumnado da súa responsabilidade.


Calquera alumna/o de avaliación continua que, ó final de curso,  non teña superado a avaliación continua (sexa por notas insuficientes ou por non cumprimento) terá dereito a un examen final na 2ª edición de actas (xullo) que constitúe o 100% da cualificación, exactamente nas mesmas condicións que o alumnado non asistente dende un principio. Ver Nota 1 e Nota 2.


Estas condicións de avaliación se aplicarán de forma idéntica o alumnado ERASMUS, ISEP ou outro alumnado de intercambio que curse a materia. En atención ás competencias de materia e de titulación sobre valores democráticos e igualdade (competencias 1 e A2) , non existirá ningún tipo de "discriminación positiva" cara ó alumnado de intercambio, calquera que sexan as súas circunstancias académicas na súas universidades de orixe.


NOTA 1: En ningún caso se contemplarán vías de avaliación intermedias entre os dous sistemas de avaliación (continua/única).


NOTA 2: Unha vez comezado o curso e obtidas as primeiras cualificacións no sistema de avaliación continua, en ningún caso se admitirá que un/ha alumno/a abandone este sistema de avaliación para optar polo exame final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000