Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Presentación de traballos individuais ou en grupos sobre temas gramaticais diversos a partir de textos de cultura lusófona. Estes traballos poderán ter unha frecuencia semanal. 30 A2
A3
B1
B9
B12
C29
C31
C32
C33
C35
C36
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exercicios orais de comprensión, expresión e fonética.
Haberá unha proba oral individual.
30 A4
B1
B9
C30
C31
C32
C34
C35
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Unha proba escrita sobre os contidos teórico-prácticos e de civilización lusófona vistos durante o curso.
O alumnado de avaliación única, debe tamén estar presentes no día do exame.
40 A3
B6
B9
B10
B11
C30
C32
C33
C34
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


As/Os estudantes deberán escoller, de forma obrigatoria nas primeiras dúas semanas do cuadrimestre en cuestión, entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) ou un sistema de avaliación única.
Recoméndase optar polo primeiro.

Avaliación continua

Dado que se trata do ensino dunha lingua estranxeira é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas. Quen non teña posibilidade de asistir a un mínimo de 80% das aulas debe comunicalo ao profesorado. En todo caso, a non realización de probas ou exercicios parciais previstos polo sistema de avaliación continua (cf. supra a descrición en “Avaliación”) suporá a obtención dunha cualificación de 0 (cero) puntos nesta.

A data do último exame de avaliación continua coincidirá coa data do exame de avaliación única recollida no calendario oficial da FFT.

O exame oral terá lugar no mesmo día nunha sala contigua. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación.

É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a
materia. Non se realizará media de non ser así. En caso de suspenso, o alumnado de avaliación continua deberá recuperar na convocatoria de xullo aquela(s) proba(s) que teña suspensa (oral, escrita ou ambas, segundo o caso).

Avaliación única

A avaliación única consiste dunha proba escrita seguida doutra proba oral que se realizarán no mesmo día en salas de aula contiguas. A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial de exames da FFT. É preciso aprobar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia e, en caso de suspenso, haberá que recuperar ambas as probas na convocatoria de xullo.

A avaliación única valorarase da seguinte forma:

1. Proba escrita teórico-práctica: 75% da nota final.
2. Proba oral: 25% da nota final. Esta proba será gravada en formato audio e a participación nela suporá o consentimento da gravación.

É preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia.

A non presentación a unha das probas sen xustificante suporá a obtención nela dunha cualificación de 0 (cero) puntos.

A copia ou o plaxio nos respectivos exames das avaliacións continua ou única será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nestas. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Segunda edición das actas

A avaliación consiste nunha proba escrita seguida doutra proba
oral que se realizarán no mesmo día.  A data e hora dos exames (escrito e oral) é a recollida no calendario oficial da FFT para os exames de xullo.

Os mesmos criterios da evaluación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo). Gravarase a proba oral.

No caso particular do alumnado de avaliación continua que non superase a materia na primeira convocatoria e tivese que acudir á segunda
edición das actas, este terá que examinarse exclusivamente da
parte ou partes que teñan suspensas (exame oral e/ou escrito).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000