Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Presentación de traballos, preparados previamente polo alumnado. 10 A3
C3
C4
C10
C13
D2
D3
Resolución de problemas e/ou exercicios Diferentes exercicios prácticos (escritos ou orais) a realizar nas aulas. 30 A3
C1
C4
D1
D3
Probas de resposta curta 1 exame escrito na última sesión. 30 A3
C3
D1
D2
D3
Outras Unha ou varias probas de expresión oral (individual). 30 C1
C10
C13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso
entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema
de avaliación única. Recoméndase
optar polo primeiro. 

Dado o carácter da materia é moi recomendábel asistir con regularidade ás aulas.

Para a
avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun
suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É
recomendábel consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es).

Quen opte
de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao
final do primeiro período, na primeira edición das actas, da
seguinte forma:

1. Cunha proba
escrita teórico-práctica (75% da nota final –teoria: 25%; práctica:
50%–). A proba escrita realizarase na última sesión de aulas, coincidindo co exame do grupo de avaliación continua.

2. Cunha
proba de expresión oral (25% da nota final) que será gravada. A proba oral realizarase na última semana de aulas.

É preciso
superar ambas as probas (escrita e oral) para aprobar a materia. Copia ou plaxio
nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas
mesmas.

A
convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa
antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes da introdución das notas en
xescampus), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha
calificación de 0 (cero) puntos na mesma.

Os mesmos criterios de avaliación explicados para a avaliación única aplicaranse na segunda edición das actas (xullo).

Na convocatoria de xullo o alumnado examinarase de todos os contidos tratados ao longo
do curso. Avaliaranse tamén os resultados da súa participación na
resolución de exercicios e nos traballos de aula ao longo do curso.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma (http://faitic.uvigo.es), mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.

As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2015-2016.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000