Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Presentación de traballos, preparados previamente polo alumnado. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Diferentes exercicios prácticos (escritos ou orais) a realizar nas aulas. 30
Probas de resposta curta 1 exame escrito na última sesión. 30
Outras Unha ou varias probas de expresión oral (individual). 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller no principio do curso
entre dúas opcións: un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema
de avaliación única.

Recoméndase
optar polo primeiro. É condición obrigatoria para ser avaliada/o de forma
continua a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos
xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior, que deberán ser
comunicados ao profesorado o antes posible.

Para a
avaliación única é preciso superar ambas as probas (escrita e oral) para
superar a materia. Copia ou plaxio nos respectivos exames será penalizado cun
suspenso (nota numérica: 0) nas mesmas.

É
recomendable consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA (http://faitic.uvigo.es).

Quen opte
de forma directa pola avaliación única (non recomendado) será avaliada/o ao
final do primeiro período, na primeira edición das actas (maio/xuño), da
seguinte forma:

1. Cunha proba
escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica:
50%–).

2. Cunha
proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada.

É preciso
superar ambas as probas (escrita e oral) para superar a materia. Copia ou plaxio
nos respectivos exames será penalizado cun suspenso (nota numérica: 0) nas
mesmas.

A
convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa
antelación necesaria (mínimo 2 semanas antes da introdución das notas en
xescampus), sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado. A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha
calificación de 0 (cero) puntos na mesma.

** A avaliación final realizarase na
última sesión da materia, podendo esta data ser alterada.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000