Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Terceiro idioma estranxeiro I: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Traballos e exercicios prácticos de francés.Farase a media aritmética, sempre que a nota mínima corresponda a un 4/10 en cada parte 30 A3
A4
B1
B7
B10
C33
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Dúas probas de comprensión/expresión escrita e oral que se farán na aula ao longo do cuadrimestre. Farase a media aritmética, sempre que a nota mínima corresponda a un 4/10 en cada parte 70 A3
A4
A5
B3
B5
B8
C29
C31
C32
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de
avaliación continua indicado arriba. 

As probas prácticas  na aula terán lugar unha en Novembro e outra en Decembro, en horario de aulas, e terán que superar
cun mínimo dun catro cada una das partes en calquera das modalidades. De non ser así, a/o estudante terá que ir ao exame final na segunda edición de actas de Xullo.

Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos (un por
mes) na data requirida, sinalada no primeiro mes do curso. As probas non entregadas contarán como un cero.

O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación
continua deberá falar co profesorado ao comezo do curso. Nese caso, e só nese
caso, poderán examinarse do 100% da materia polo sistema de avaliación única. O exame de avaliación única será cualificado con 50% teoría,
50% práctica cun mínimo dun 4/ 10 para facer a media. A data do exame será no período de exames na data establecida pola Xunta de FFT.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da
cualificación (50% teoría, 50% práctica) (necesario un mínimo dun 4/10 para facer a media aritmética), para o alumnado que non
superara a materia na primeira edición de actas. O exame será de comprensión/expresión escrita y oral, e terá lugar no período de exames de xullo na data establecida pola Xunta de FFT.

NOTAS XERAIS

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de
comunicación franceses.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000