Na 1ª edición de actas o alumnado será avaliado mediante o sistema de
avaliación continua indicado arriba. O exame terá lugar na derradeira
semana do curso. Para aprobar a materia será necesario ter entregado os traballos (un por
mes) na data requirida, sinalada no primeiro mes do curso, asi como 2 probas no aula uno en Nov. e outro en Dic.e terán que superar
cun minimo dun catro cada una das partes na calquera das modalidades, si non
terán que ir o Final. As probas non entregadas contarán como un cero. O alumnado que, por motivos xustificados, non poida realizar a avaliación
continua deberá falar cos profesores ao comezo do curso. Nese caso, e só nese
caso, poderán examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas (50% teoría,
50% práctica). O exame terá lugar na derradeira semana do curso A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso global na materia. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Recoméndase o traballo continuado e a consulta frecuente dos medios de
comunicación franceses. Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame polo 100% da
cualificación (50% teoría, 50% práctica) para o alumnado que non
superara a materia na primeira edición. O exame será de comprensión/expresión escrita y oral. |