Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Actividades de complemento ás sesións maxistrais con exercicios e actividades nas destrezas de gramática, vocabulario, lectura, e escoita nas clases de grupo único. 30 A1
A2
A5
C5
C8
C12
C13
D1
D2
D5
Prácticas autónomas a través de TIC Exercicios de consolidación gramatical e de construcións realizados durante o curso en autoestudio por medio de cuestionarios. 10 A1
A5
C5
C12
D1
D5
Presentacións/exposicións Presentacións orais na clase para avaliar a fala e a escrita nas sesións prácticas. 20 A2
A3
A4
A5
C1
C6
C7
C9
C10
C13
D2
D3
D4
D5
Probas de tipo test Exame final comprensivo de gramática, vocabulario, lectura e escoita da materia impartida ao longo do semestre. 20 A1
A2
A5
C5
C8
C12
C13
D1
D2
D5
Traballos e proxectos Traballo escrito e presentación oral final sobre un tema decidido e debatido con anterioridade nas sesións prácticas a celebrar na semana final do curso. 20 A3
A4
A5
C1
C7
C9
C10
C12
C13
D3
D4
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación recomendado para este curso de inglés avanzado é o sistema de avaliación continua. O alumnado deberá participar de xeito regular e activo nas tarefas de aula e presentar os traballos, exercicios e presentacións, requiridos conforme aos prazos establecidos ao comezo do curso. O exame final comprensivo tipo test e as presentacións terán lugar na derradeira semana do curso.

As alumnas e alumnos que suspendan a materia na primeira edición das actas terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes da avaliación que non foron aprobadas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán. O procedemento de recuperación das partes que haxa que repetir é o seguinte:.

  1. Traballos de aula. Avaliaranse por medio dunha nova proba con preguntas que recollan os mesmos obxectivos competenciais e o mesmo nivel de coñecementos dos exercicios e actividades que foron avaliadas nas sesións presenciais.
  2. Presentacións/exposicións. A/O alumno/a terá que volver a presentar os seus traballos unha vez corrixidas as deficiencias e inexactitudes sinaladas. Cada presentación terá lugar nunha data acordada co profesorado da materia.
  3. Prácticas autónomas a través de TIC. Recuperaranse por medio dun cuestionario que inclúa preguntas do mesmo tipo das contidas nos exercicios en liña durante o curso.
  4. Probas tipo test. Farase un novo exame das mesmas características do primeiro.
  5. Traballo e proxecto final. Haberá que entregar o traballo de novo, unha vez corrixido e repitir a presentación.

Aquelas persoas matriculadas que non poidan cumprir os requirimentos do curso coa regularidade esixida deberán comunicarllo de xeito razoado ao profesorado ao comezo das sesións presenciais e non farán avaliación continua. Para estas persoas existirá un modelo de avaliación única ao final do cuadrimestre por medio dun exame global e comprensivo sobre a materia e as destrezas do curso conforme aos seguintes porcentaxes:

1) Gramática e uso do inglés (25% da cualificación final), 2) Vocabulario e lectura. (20% da cualificación final), 3) Escoita (15% da cualificación final), 4) Escrita (20% da cualificación final), 5 (Fala) (20% da cualificación final).

Este exame terá lugar na semana seguinte ao remate das clases presenciais.

As alumnas e alumnos que suspendan nesta modalidade de avaliación única na primeira edición das actas en maio terán que repetir e superar na segunda edición de actas en xullo aquelas partes que teñan suspensas. Gardarase a nota das partes aprobadas e as porcentaxes da cualificación final non variarán.

O alumnado que non se presente á avaliación continua ou á avaliación única terá que facer o exame de xullo completo e recibirá a cualificación correspondente na segunda edición das actas.

O alumnado en programas de intercambio con universidades estranxeiras que estea interesado en matricularse neste curso deberá ter en conta que o libro de texto e os materiais de clases complementarios están encamiñados á preparación do Cambridge Proficiency Exam e outros títulos semellantes de nivel C (C1-C-2).

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística en todos os casos.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000