Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Presentacións orais na clase para avaliar o Speaking. 20
Probas de resposta curta Probas de Listening. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas de Grammar, Vocabulary, Reading & Writing. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

a) Primeira edición de actas:

a.1) Avaliación continua:

Para acollerse ao sistema de avaliación continua, o estudantado debe asistir
con regularidade
ás sesións presenciais, tanto teóricas coma prácticas, así
como entregar os traballos ou exercicios que se lle requiran.

Cada unha das destrezas da lingua será avaliada mediante probas específicas,
tal e como se indica arriba, ao longo do curso. O alumnado deberá aprobar cada
unha das partes que compoñen a materia e o suspenso nunha destas partes implica
un suspenso na materia. De suspender algunha(s) das partes, o alumnado
examinarase no mes de xullo (véxase apdo. b)). De non aprobar en xullo, o
alumnado deberá examinarse de toda a materia no seguinte curso académico.

As datas das exposicións orais serán fixadas no calendario con antelación
suficiente. A non entrega dun traballo en tempo e forma puntuará como cero. O
plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un
suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio
non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

O alumnado que non supere a materia mediante a avaliación continua terá que
se presentar ao exame de xullo (véxase apdo. b)).

a.2) Avaliación única:

A entrega de traballos e exercicios, así como a realización dunha ou varias
das probas parcias implican a aceptación do sistema de avaliación continua por
parte do alumnado. O alumnado avaliado mediante este sistema non poderá
presentarse ao exame final de maio, e a súa nota da primeira edición de actas
corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o
curso.

O alumnado que non asista ás clases con regularidade e/ou non
entregue os traballos nin realice ningún exame parcial, poderá
presentarse a un exame único (100%
da cualificación final), que terá lugar ao final do cuadrimestre. Ese exame
terá asignadas as pocentaxes que seguen: gramática (15%), vocabulario (15%),
lectura (15%), escrita (20%), escoita (15%) e produción oral (20%).

b) Segunda edición de actas (xullo):

O alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame ao
final do cuadrimestre, será avaliado mediante o exame único que o centro fixe
oficialmente para o mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da
nota e constará de diversas partes correspondentes a gramática (15%),
vocabulario (15%), lectura (15%), escrita (20%), escoita (15%) e produción oral
(20%).

Tal e
como se explicou no apdo. a.1), a este exame poderá presentarse o
alumnado que teña suspensa algunha das partes da materia. De ter suspensa
únicamente unha parte, o alumnado deberá examinarse só desa parte. De ter dúas
ou máis partes suspensas, terá que examinarse de toda a materia.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000