Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades de complemento ás sesións maxistrais nas que se formularán problemas e/ou exercicios das destrezas de gramática, vocabulario, lectura, escrita e escoita. 20
Presentacións/exposicións O alumnado terá que facer presentacións orais na clase (en datas que serán fixadas pola profesora con suficiente antelación). 20
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades propostas e formuladas na plataforma virtual do curso nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia e que o alumnado deberá desenvolver de maneira autónoma. 10
Outros Proba final, onde se avaliarán os coñecementos adquiridos nas diversas destrezas, coas porcentaxes repartidas al e como segue: gramática (10%), vocabulario (5%), lectura (5%), escrita (10%), escoita (10%), produción oral (10%). 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación


a)
Primeira edici
ón de actas:

a.1)
Avaliaci
ón continua:

O
proceso de avaliación continua será válido para todo o alumnado, que terá que
asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o
curso, tanto de tipo maxistral como de tipo práctico.

Cada
unha das destrezas da lingua será avaliada mediante probas específicas, tal e
como se indica arriba, ao longo do curso. O alumnado deberá aprobar cada unha
das partes que compoñen a materia e o suspenso nunha destas partes implica un
suspenso na materia. De suspender algunha(s) das partes, o alumnado examinarase
no mes de xullo (véxase apdo. b)) da parte ou partes suspensas. De non aprobar
en xullo, o alumnado deberá examinarse de toda a materia no seguinte curso
académico.

As
datas de entrega de exercicios escritos e as datas das posibles
exposicións orais serán fixadas no calendario con antelación suficiente e non
se aceptarán entregas fóra de prazo. A non entrega dun traballo en tempo e
forma puntuará como cero. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar
descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa
responsabilidade neste aspecto.

O
alumnado que non supere a materia mediante a avaliación continua terá que se
presentar ao exame de xullo (véxase apdo. b)).

a.2)
Avaliaci
ón única:

O
alumnado que non poida cumprir co requisito do 80% da asistencia deberá
comunicarllo á profesora ao longo do primeiro mes de curso por
escrito e de maneira argumentada. No caso de que a non asistencia estea
debidamente xustificada, a avaliación deste alumnado non poderá ser continua,
senón a través dun único exame final que terá lugar na data oficial fixada polo
centro e que computará como o 100% da cualificación, constando de diversas
partes correspondentes a gramática (20%), vocabulario (10%), lectura (15%), escrita
(15%), escoita (20%) e produción oral (20%).

b)
Segunda edici
ón de actas
(xullo):

O
alumnado que suspenda a avaliación continua ou, de ser o caso, o exame ao final
do cuadrimestre, será avaliado mediante o exame único que o centro fixe
oficialmente para o mes de xullo. Este exame computará coma o
100% da nota e constará de diversas partes correspondentes a gramática (20%),
vocabulario (10%), lectura (15%), escrita (15%), escoita (20%) e produción oral
(20%).Tal e como se explicou no apdo. a.1), a este exame poderá
presentarse o alumnado que teña suspensa algunha das partes da
materia. Nese caso, o alumnado deberá examinarse só das partes
suspensas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000