Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VII: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos da materia. As explicacións teóricas poderán irse intercalando coa posta en práctica dos coñecementos adquiridos, mediante exercicios ou proxectos a desenvolver polos estudantes.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades de complemento ás sesións maxistrais nas que se formularán problemas e/ou exercicios relacionados cos contidos previamente explicados. O alumnado deberá producir as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Algunhas destas actividades serán avaliadas.
Presentacións/exposicións O alumnado terá que facer presentacións orais na clase (en datas que serán fixadas pola profesora con suficiente antelación). As presentacións serán avaliadas.
Eventos docentes e/ou divulgativos Ao longo do curso o alumnado asistirá a actividades complementarias de formación impartidas por docentes convidados/as.
Prácticas autónomas a través de TIC Actividades propostas e formuladas na plataforma virtual do curso nas que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia e que o alumnado deberá desenvolver de maneira autónoma. Ditas actividades serán avaliadas.
Outros Proba final, onde se avaliarán os coñecementos adquiridos nas diversas destrezas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000