Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios I do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Recomendacións

Materias que continúan o temario
Ámbitos literarios II do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01601
Ámbitos literarios III do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01602


Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01401
Introdución á literatura do primeiro idioma estranxeiro: Inglés/V01G180V01301
 
Outros comentarios
Recoméndase encarecidamente a participación activa nas aulas, particularmente nas clases prácticas onde se traballa o comentario de textos e se debaten interpretacións baseadas na análise detallada das lecturas obrigatorias. Tamén se aconsella participar nos foros de debate abertos na plataforma FAITIC. O alumnado debe consultar os materiais, foros e anuncios feitos en FAITIC, e estar ao tanto das datas nas que teñen lugar as probas de avaliación. Recoméndase tamén non recorrer ao plaxio total ou parcial nos traballos escritos, xa que iso suporá a anulación da nota obtida nos mesmos e a necesidade de repetición desa tarefa. É recomendable tamén facer uso dos recursos da biblioteca universitaria para a preparación dos traballos e dos exames.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000