Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios I do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Análise e comentario de textos. Intercambio de ideas sobre dita análise, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, e amosando actitudes de tolerancia tal como se expón nas competencias da materia. Availarase a participación activa na aula e nos foros de Faitic en xeral.
20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
B6
B7
B11
C157
C158
C159
C160
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito sobre os contidos da materia, con preguntas de desenvolvemento e comentario de textos. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
B6
B7
B11
C157
C158
C159
C160
Traballos e proxectos Dous traballos escritos nos que se constrúan argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos razoamentos. 40 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
B6
B7
B9
B11
C157
C158
C159
C160
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

Avaliación continua.

O alumnado terá que entregar dous traballos escritos durante o cuadrimestre e un exame escrito final. O profesor informará do tipo de traballos e das datas de entrega ao comezo do cuadrimestre. A data do exame escrito será a data establecida no calendario oficial de exames que será publicado polo Decanato.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa claridade e corrección lingüística.

Avaliación única

O antedito sistema de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir con regularidade ás sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesor da materia ao principio do cuadrimestre. Este alumnado deberá facer os traballos e o exame como o resto do alumnado, por un valor de 80% da nota final. O 20% restante da nota corresponderá a unha proba oral con preguntas sobre os textos de lectura obrigatoria. A data destas probas será a establecida no calendario oficial de exames. Os traballos poden entregarse nesta mesma data.

Segunda edición de actas (xullo)

Para a segunda edición de actas, o alumnado que faga avaliación continua ou única que non aprobe algunha das partes nas que se divide a avaliación poderá volver a intentalo nas datas establecidas ao efecto, podendo conservar as outras notas. Para o alumnado que non teña ningunha nota de avaliación continua, o sistema será semellante ao de avaliación única especificado arriba (traballos, exame escrito e oral). As probas serán o día e hora que marque o calendario oficial de exames.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000