PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS Avaliación continua. O profesor informará do tipo de traballos a realizar e das datas fixas de entrega ao principio do cuadrimestre. Probablemente sexan a finais de outubro para o primeiro traballo e a finais de novembro para o segundo traballo. A data do exame escrito será a data establecida no calendario de exames. A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa claridade e corrección lingüística. Avaliación única O antedito sistema de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir con regularidade ás sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesor da materia ao principio do cuadrimestre. Este alumnado deberá facer os traballos e o exame como o resto do alumnado, por un valor de 80% da nota final. A data da proba escrita será a data establecida no calendario de exames. Os traballos poden entregarse nesta mesma data. O 20% restante da nota corresponderá a unha proba oral con preguntas sobre os textos de lectura obrigatoria que terá lugar o mesmo día do exame escrito. Segunda edición de actas (xullo) Para a segunda edición de actas, o alumnado que non aprobe algunha das partes nas que se divide a avaliación poderá volver a intentalo nas datas establecidas ao efecto, podendo conservar as outras notas. Para o alumnado que non teña ningunha nota de avaliación continua, o sistema será semellante ao de avaliación única especificado arriba (traballos, exame escrito e oral). As probas serán o día e hora que marque o calendario oficial de exames. |