Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios I do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Análise e comentario de textos. Intercambio de ideas sobre dita análise, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, e amosando actitudes de tolerancia tal como se expón nas competencias da materia. Participación na aula en xeral.
20 A2
C2
C5
C6
C7
C11
D2
D4
Traballos tutelados Traballos escritos nos que se constrúan argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos razoamentos. 30 A2
C2
C5
C6
C9
C11
D2
D3
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito sobre os contidos da materia, con preguntas de desenvolvemento e comentario de textos. 50 A2
C2
C5
C6
C9
C11
D2
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O profesorado informará do tipo de traballos a realizar e das datas fixas de entrega, que será durante a semana despois do periodo de traballo autónomo. O exame será durante a última sesión de clases teóricas. 

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa claridade e corrección lingüística.

Avaliación ünica

O antedito sistema de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir con regularidade ás sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesorado da materia ao principio do cuadrimestre. Deberán facer o exame como o resto do alumnado e esta nota suporá o 100% da nota final.

Segunda edición de actas (en xullo)

Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe algunha das partes nas que se divide a avaliación poderá volver a intentalo nas datas establecidas pola Xunta de Facultade, podendo conservar as outras notas. Para o alumnado que non teña ningunha nota de avaliación continua, o exame contará o 100% da nota final. Esta proba será o día e hora que marque o calendario oficial de exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000