Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Ámbitos literarios I do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Análise e comentario de textos. Intercambio de ideas sobre dita análise, desenvolvendo un pensamento autónomo e crítico, e amosando actitudes de tolerancia tal como se expón nas competencias da materia. Participación na aula en xeral.
20
Traballos tutelados Traballos escritos onde se constrúan argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, e empregando evidencias textuais, contextuais e críticas que corroboren ditos razoamentos. 40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame escrito sobre os contidos da materia, con preguntas de desenvolvemento e comentario de textos. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Este proceso de avaliación está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás clases. Aquelas persoas que, excepcionalmente e por algunha causa xustificada, non poidan asistir ao 80% das sesións presenciais, deberán comunicarllo ao profesorado da materia ao principio do cuadrimestre. Deberán entregar dous traballos escritos e facer o exame como o resto do alumnado. Tamén deberán facer unha proba oral con preguntas sobre os textos de lectura obrigatoria, que suporá un 20% da nota final.

O profesorado informará do tipo de traballos a realizar e das datas de entrega tanto destes como dos seminarios suxeitos a avaliación con suficiente antelación.

Para a segunda edición de actas, en xullo, o alumnado que non aprobe algunha das partes nas que se divide a avaliación poderá volver a intentalo na data establecida pola Xunta de Facultade, podendo conservar as outras notas. O tipo de traballos e exame escrito serán semellantes aos da primeira edición, e contarán de novo un 40% respectivamente da nota final. A avaliación por participación en debates farase por medio dunha proba oral con preguntas sobre os textos de lectura obrigatoria (20% restante).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000