Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Adquisición e aprendizaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Presentacións feitas ao longo do curso 20 A4
C7
C8
C9
C10
C12
C13
D2
D3
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Probas orais e/ou escritas sobre os temas tratados no curso. Estará dividida en dúas partes, 40% cada unha 80 A4
C1
C4
C5
C6
C12
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Haberá dúas probas, unha a metade de curso e outra ao final, que contarán un 80% da nota final (40% cada proba). Poden ser orais ou escritas, de ser escritas unha delas pode consistir nun traballo. A primeira proba será a semana do 2 de novembro, a segunda a semana do 7 de decembro. O 20% da nota restante serán as presentacións feitas polo alumnado na clase. A nota final será a suma desas tres notas. Se a nota final é u suspenso a alumno deberá examinarse de toda a materia.

Os alumnos que non poidan asistir ás dúas probas que suman o 80% da nota final, sexa cal sexa o motivo, deberán facer o exame final.

O proceso de avaliación será continuo . As datas de entrega de
traballos escritos e orais fixaranse no calendario con antelación. A non
entrega dun traballo en tempo e forma puntuará como cero.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade
suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que
supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste
aspecto.

O alumnado que non curse a modalidade de avaliación continua deberá explicar razoadamente e por escrito os seus motivos as dúas primeiras semanas do curso. Este alumnado fará un exame único final con contidos teóricos e prácticos. A expresión formal contará un 50% e os contidos 50%.

A segunda edición de actas (xullo) consistirá nunha proba cunha serie de cuestións teóricas e problemas para resolver semellantes aos que se teñan feito na clase. Este exame único final terá lugar no mes de xullo, na data oficial fixada polo centro. Este exame computará coma o 100% da nota e terase en conta tanto o contido coma a expresión lingüistica, que contarán como un 50% cada unha.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000