Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Adquisición e aprendizaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de exercicios planteados durante as clases 40
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Desenvolvement práctico dun tema tratado durante o curso 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O traballo de tipo práctico sobre os contidos impartidos na aula de carácter oral ou escrito suporá un 60% da nota final. O 40% restante será a suma dos traballos e exercicios orais ou escritos realizados durante o curso. O proceso de avaliación será continuo e o alumnado terá que asistir a un 80% das sesión das que se compón o curso. As datas de entrega de traballos escritos ou orais fixaranse no calendario con antelación. A non entrega dun traballo en tempo e forma puntuará como cero.

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou actividade suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

O alumnado que non curse a modalidade de avaliación continua deberá explicar razoadamente e por escrito os seus motivos. Este alumnado fará un exame único final cunha serie de problemas para resolver. A expresión formal contará un 50% e os contidos 50%.

A segunda edición de actas consistirá nunha proba cunha serie de problemas para resolver semellantes aos que se teñan feito na clase. Este exame único final terá lugar no mes de xullo, na data oficial fixada polo centro. Este exame computará coma o 100% da nota e terase en conta tanto o contido como a expresión lingüistica, que contarán como un 50% cada unha.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000