Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde. 20 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
B7
B10
B12
B13
C17
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 80 A3
A4
B5
C17
C18
C19
C21
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS.



A avaliación e conseguinte cualificación do
traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas metodoloxías e porcentaxes
descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na mesma data que a fixada
no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT para a proba da avaliación
única.


O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un
exame escrito na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT sobre os contidos da materia, e máis outro oral noutra data
concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o
segundo cun valor do 20% da nota.

Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación na data fixada no calendario de exames aprobado pola Xunta de FFT. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado.

En calqueira das convocatorias de exames, o profesorado pode esixir a realización dunha proba oral a aquel alumnado da avaliación continua que, segundo o seu criterio, non demostrara suficiente competencia na materia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000