Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades de presentación e control das prácticas lingüísticas, gramaticais e léxicas e de Landeskunde. 20 A5
C1
C3
C7
C12
C13
D5
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 80 C5
C10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A proba escrita realizarase na derradeira semana de clase.
O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame escrito na derradeira semana de clase sobre os contidos da materia e máis outro oral noutra data concertada co profesorado para superala. O primeiro cun valor do 80% e o segundo cun valor do 20% da nota.
Tanto no caso da avaliación continua, como da avaliación única, a nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia.

SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación. Para o alumnado que durante o curso se acolleu á avaliación única este exame ten un valor do 80% da nota; este alumnado terá que facer tamén unha proba oral polo 20% da cualificación para superar a materia. A nota do exame escrito non deberá ser inferior a 4 para superar a materia. A proba oral realizarase nunha data concertada co profesorado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000