Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Alemán
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Valoración continua das prácticas gramaticais e léxicas. 20
Traballos de aula Valoración continua da participación activa nas actividades lingüísticas e de Landeskunde. 10
Traballos tutelados Valoración global das actividades de presentación e control de contido lingüístico e/ou cultural. 40
Probas de resposta curta Proba escrita de contido léxico, gramatical e de Landeskunde. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación e conseguinte cualificación do traballo do alumnado levarase a cabo cun procedemento de avaliación continua de acordo coas porcentaxes descritas máis arriba. A condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das aulas. O alumnado que xa cursase a materia e non poida cumprir o requisito de asistencia deberá informar á profesora de calquera incidencia a este respecto. Ademais, o alumnado que incumpra estas condicións deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente, co fin de solventar e cubrir a perda de horas de asistencia e de traballo da maneira que considere axeitada o profesorado en cada caso particular.


O alumnado que non se acolla ao sistema de avaliación continua e escolla avaliación única deberá realizar un exame ó final do cuadrimestre sobre os contidos da materia, e mais un traballo escrito acordado coa profesora responsable da materia. Este alumnado non ten ningunha obriga presencial, aínda que se lle aconsella que asista ás aulas.


SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO): Exame teórico-práctico escrito dos contidos do curso polo 100% da cualificación.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000