Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Alemán
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades de organización: explicación pormenorizada do programa da materia e do seu desenvolvemento dentro e fóra da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios, libro de lectura obrigatoria e outros libros complementarios.
Sesión maxistral Exposicións teóricas e aprendizaxe gramatical, léxico e cultural.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades léxicas e gramaticais: prácticas gramaticais e léxicas con exercicios adecuados aos temas expostos.
Presentacións/exposicións Presentación doutros materiais ou ferramentas para a aprendizaxe autónoma dunha lingua estranxeira.
Traballos de aula Actividades lingüísticas: práctica de lectura, escritura e tradución.
Traballos tutelados Preparación, realización e corrección de exercicios e comentario das dificultades lingüísticas e de Landeskunde. Actividades de repaso e control. Presentacións de contido lingüístico e/ou cultural.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000