Actividades introdutorias |
Actividades de organización: explicación pormenorizada do programa da materia e do seu desenvolvemento dentro e fóra da aula, o que implica a descrición das características do curso, contidos, metodoloxía, formas de avaliar e resolución de dúbidas, así como a presentación das diferentes ferramentas de traballo necesarias para a súa aprendizaxe: manual, dicionarios, libro de lectura obrigatoria e outros libros complementarios. |
Sesión maxistral |
Exposicións teóricas e aprendizaxe gramatical, léxico e cultural. |
Presentacións/exposicións |
Presentación doutros materiais ou ferramentas para a aprendizaxe autónoma dunha lingua estranxeira. |
Traballos tutelados |
Preparación, realización e corrección de exercicios e comentario das dificultades lingüísticas e de Landeskunde. Actividades de repaso e control. Presentacións de contido lingüístico e/ou cultural. |