Primeira edición de actas. O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. Para aprobar a materia seránecesario entregar os traballos nos prazos requiridos que se indicarán ao comezo do curso. Para facer media entre os traballos e o exame, será tamén necesario ter un mínimo de 4,5 en cada parte. As probas non entregadas contarán comoun cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso. En caso de suspender una parte soamente, guardarase a nota para a segunda edición de actas. O alumnado que, por motivosxustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coapersoa coordinadora da materia ao comezo do curso. Nese caso poderáexaminarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema deavaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escrita, 50% a parte oral e 50% a parte escrito. É necesario aprobaras dúas probas (oral, escrita) cun mínimo de 5 en cada unha para poder superar a materia. O exameescrito e oral terá lugar no período de exames na data do calendarioaprobada pola Xunta de Facultade. Segunda edición de actas(xullo) Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresiónoral e escrita que contará o 100% da nota para o alumnado que non superara a materia na primeira edición, 50% a parte oral e 50% a parte escrita. É necesario aprobar as dúas partes (cun mínimo de 5 en cada unha)para poder superar a materia. O exame terá lugar no período de examesna data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade. |