Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Avaliación de dous exercicios de comprensión/expresión escrita (30% da nota); dun exercicio de comprensión oral (10%); un traballo de expresión oral a partir dunha lectura obrigada/tema de civilización (20% da nota). 60 A1
A2
A3
A4
A5
B10
C16
C17
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame de lingua (gramática/vocabulario) e de comprensión/expresión escrita. 40 A2
A3
A4
B10
C16
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas.

O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. A proba escrita terá lugar no período de exames na
data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade para o exame de avaliación única. A presentación
individual terá lugar no período de exames no día e hora acordados
previamente coa profesora. Os prazos de entrega dos exercicios acordaranse
coa profesora a principio do curso.

Para aprobar a materia será
necesario entregar os traballos nos prazos requiridos, e ter un mínimo
de 4 na proba escrita final. As probas non entregadas contarán como
un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa
profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só neste caso, poderán
examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema de
avaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escritura,
cunha cualificación de 30% o oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar
as dúas probas (oral, escrito) para poder superar a materia. O exame
escrito terá lugar no período de exames na data do calendario
aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no
período de exames no día e hora acordados previamente coa profesora.

Segunda edición de actas
(xullo)

 Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresión
oral e escritura polo 100% da cualificación para o alumnado que non superara
a materia na primeira edición. A cualificación será de 30% o
oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar as dúas probas (oral, escrito)
para poder superar a materia. O exame terá lugar no período de exames
na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba
oral tamén terá lugar no período de exames no día e hora acordados
previamente coa profesora.