Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Avaliación de dous exercicios de comprensión/expresión escrita (30% da nota); dun exercicio de comprensión oral (10%); un traballo de expresión oral a partir dunha lectura obrigada/tema de civilización (20% da nota). 60 A1
A2
A3
A4
A5
B10
C16
C17
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame de lingua (gramática/vocabulario) e de comprensión/expresión escrita. 40 A2
A3
A4
B10
C16
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas.

O alumnado será avaliado mediante o sistema de avaliación continua indicado arriba. A proba escrita terá lugar no período de exames na
data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade. A presentación
individual terá lugar no período de exames na data acordada
previamente coa profesora. As datas de entrega dos exercicios acordaranse
coa profesora a principio do curso.

Para aprobar a materia será
necesario entregar os traballos na data requirida, e ter un mínimo
de 4 na proba escrita final. As probas non entregadas contarán como
un cero. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

O alumnado que, por motivos
xustificados, non poida realizar a avaliación continua deberá falar coa
profesora ao comezo do curso. Nese caso, e só neste caso, poderán
examinarse do 100% da materia na 1ª edición de actas polo sistema de
avaliación única. O exame será de comprensión/expresión oral e escritura,
cunha cualificación de 30% o oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar
as dúas probas (oral, escrito) para poder superar a materia. O exame
escrito terá lugar no período de exames na data do calendario
aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba oral tamén terá lugar no
período de exames na data acordada previamente coa profesora.

Segunda edición de actas
(xullo)

 Na segunda edición de actas (xullo) haberá un exame de comprensión/expresión
oral e escritura polo 100% da cualificación para o alumnado que non superara
a materia na primeira edición. A cualificación será de 30% o
oral, e 70% o escrito. É necesario aprobar as dúas probas (oral, escrito)
para poder superar a materia. O exame terá lugar no período de exames
na data do calendario aprobada pola Xunta de Facultade, e a proba
oral tamén terá lugar no período de exames na data acordada
previamente coa profesora.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000