Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Resolución e corrección por parte do alumnado, ante o docente e o resto dos seus compañeiros de clase, de frases normativo-contrastivas. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse 3 probas escritas -unha cada mes- sempre na última clase da última semana de cada mes.
Como as tres probas acadan un 90%, a calificación será progresiva. É decir, un alumno que teña, por exemplo, 3, 4 e 5 ao longo de cada unha das probas, acadará un 5 como nota final. Non aprobará se o proceso é regresivo: 6, 5, 4.
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Primeira edición das actas: A avaliación será continua. Para ser avaliado será necesario ter asistido ó 80% das clases. Nesta
primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumnado
que ó comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas
dúas primeiras semanas do inicio do curso), que non pode realizar a
avaliación continua. Nese caso fará unha proba única teórico-práctica ao
final do cuadrimestre. Esa nota contabilizará 50% para a parte práctica
e 50% para a parte teórica.

- Segunda edición das actas: Os
alumnos que non superen a materia na primeira edición das actas farán
en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota: esa nota
contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000