Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados Presentación do traballo de civilización 10
Prácticas autónomas a través de TIC Probas de comprensión ou ditados 10%
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas de coñecemento e práctica da lingua francesa e participación activa en clase 20
Outras Proba final global sobre os coñecementos adquiridos durante o curso tanto na práctica coma na teoría
60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición das actas: A avaliación é continua. Para ser avaliado será necesario ter asistido ó 80% das clases e ter entregado os traballos na data requirida. As probas non entregadas contarán coma un cero. Os alumnos terán que aprobar tódalas destrezas. En caso de plaxio, a nota é de suspenso.

Nesta primeira edición das actas haberá unha avaliación única para o alumnado que ó comezo do curso xustifique debidamente, en tempo e forma (nas dúas primeiras semanas do inicio do curso), que non pode realizar a avaliación continua. Nese caso fará unha proba única teórico-práctica. Esa nota contabilizará 50% para a parte práctica e 50% para a parte teórica.

Segunda edición das actas: Os alumnos que non superen a materia na primeira edición das actas farán en xullo unha proba final que contará coma un 100% da nota: esa nota contabilizará 50% para a parte teórica e 50% para a parte práctica.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000