Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Segundo idioma estranxeiro IV: Francés
   Competencias
Código Descrición Tipoloxía
CB1 Que as/os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se atopa a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CB2 Que as/os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CB3 Que as/os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CB4 Que as/os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CB5 Que as/os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CG1 Fomentar e mellorar a capacidade de comunicación nas linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais coas/os falantes das devanditas linguas, desenvolvendo as destrezas de comprensión e expresión orais e escritas, e mostrando actitudes de tolerancia cara á diversidade social e cultural, incluíndo a defensa dos dereitos fundamentais, de igualdade social, de xénero, raza e orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CG3 Adquirir os fundamentos teóricos e aplicados que ofrece a lingüística nos principais paradigmas do estudo e descrición das linguas, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas da primeira lingua estranxeira provenientes de distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CG5 Adquirir os coñecementos necesarios para a comprensión, desenvolvemento, análise, avaliación e aproveitamento para o futuro profesional dos recursos lingüísticos e literarios.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CG6 Construír argumentos sólidos sobre os temas e textos a estudar, seguindo as convencións académicas, empregando evidencias suficientes que corroboren os razoamentos expostos, facendo uso dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente os orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CG8 Formular razoamentos críticos a respecto dos campos de estudo lingüístico e literario que conduzan á adquisición dun método sólido de análise lingüística e literaria para alén da mera aproximación subxectiva e intuitiva ás linguas e textos obxecto de estudo.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CG10 Mostrar coñecemento sobre outras culturas e expresións artísticas e ser competente para sensibilizar as persoas do entorno na apreciación da diversidade, interculturalidade e multiculturalidade. Así mesmo, explorar as repercusións sociais, profesionais, educativas e culturais dos usos lingüísticos e da aprendizaxe das linguas estudadas no grao.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CE14 Sentar as bases e desenvolver as habilidades de comprensión e expresión oral.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CE16 Desenvolver as nocións gramaticais básicas e expandir estes coñecementos a estruturas máis complexas.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CE17 Fomentar a capacidade de desenvolvemento da lingua en uso e a aplicación práctica dos coñecementos gramaticais, léxicos e fraseolóxicos.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CE21 Mostrar a capacidade de contrastar aspectos léxicos, fraseolóxicos e gramaticais do segundo idioma estranxeiro co propio.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
CE22 Mostrar a capacidade de contrastar aspectos de civilización propios das xentes que falan o segundo idioma estranxeiro e alleos.
  • saber
  • saber facer
  • Saber estar / ser
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000