(1) AVALIACIÓN CONTINUA O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir con regularidade ás sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente. Cada unha das destrezas da lingua será avaliada mediante probas específicas, tal e como se indica arriba, ao longo do curso. As datas de entrega de traballos escritos fixaranse no calendario con antelación suficiente. Terase que acadar unha porcentaxe mínima de puntuación (4/10) en todas as probas específicas para calcular as porcentaxes da nota final. No caso de acadar un suspenso na nota final, se o alumno aproba algunha das probas específicas, gardaráselle a nota desa proba polo que so terá que recupera-las partes suspensas. O alumnado que non supere a materia mediante a avaliación continua terá que se presentar en xullo [véxase (2)]. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade. (2) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)O alumnado que suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un único exame final no mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de cinco partes, correspondentes a gramática e uso (15%), lectura e vocabulario (20%), escrita (25%), escoita (15%) e produción oral (25%). Terase que acadar unha porcentaxe mínima de puntuación (4/10) en todas as probas específicas para calcular as porcentaxes da nota final. |