Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentacións/exposicións As competencias orais serán avaliadas por medio dunha proba que terá lugar nas datas sinaladas polo profesor unha vez rematadas as clases presenciais do segundo cuadrimestre no período do 19 ó 30 de maio. 25 CB4
CB5
CE1
CE5
CE6
CE7
CE8
CE9
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
Outras As competencias gramaticais, de vocabulario, de escoita e de lectura serán avaliadas mediante unha proba final nas datas sinaladas polo profesor unha vez rematadas as clases presenciais do segundo cuadrimestre no período do 19 ó 30 de maio. O valor total final de cada destreza é como segue: gramática e uso (15%), lectura e vocabulario (20%), escoita (15%) 50 CB3
CE1
CE5
CE6
CE7
CE8
CE9
CE12
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
Traballos e proxectos As competencias escritas serán avaliadas por medio de cinco composicións escritas asignadas polo profesor ó longo do curso e que serán entregadas progresivamente ó remate das unidades principais do temario. A data límite de entrega de cada composición corresponderase sempre coa petición do seguinte encargo. A data final da derradeira composición do curso corresponderase coa data sinalada polo profesor para a proba final das competencias descritas no apartado anterior. 25 CB3
CE1
CE5
CE6
CE7
CE8
CE9
CT1
CT2
CT3
CT4
CT5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(1) AVALIACIÓN CONTINUA 

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir con regularidade ás sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente.

Cada unha das destrezas da lingua será avaliada mediante probas específicas, tal e como se indica arriba, ao longo do curso. As datas de entrega de traballos escritos fixaranse no calendario con antelación suficiente. Terase que acadar unha porcentaxe mínima de puntuación (4/10) en todas as probas específicas para calcular as porcentaxes da nota final. No caso de acadar un suspenso na nota final, se o alumno aproba algunha das probas específicas, gardaráselle a nota desa proba polo que so terá que recupera-las partes suspensas.

O alumnado que non supere a materia mediante a avaliación continua terá que se presentar en xullo [véxase (2)].

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.

(2) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que  suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un único exame final no mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de cinco partes, correspondentes a gramática e uso (15%), lectura e vocabulario (20%), escrita (25%), escoita (15%) e produción oral (25%). Terase que acadar unha porcentaxe mínima de puntuación (4/10) en todas as probas específicas para calcular as porcentaxes da nota final.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000