Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Primeiro idioma estranxeiro VI: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións As competencias orais serán avaliadas por medio dunha proba que terá lugar nas datas sinaladas polo profesor na derradeira semana do segundo cuadrimestre. 25
Outras As competencias gramaticais, de vocabulario, de escoita e de lectura serán avaliadas mediante dúas probas nas datas sinaladas polo profesor: unha proba test á metade do cuadrimestre e outra proba final na derradeira semana do segundo cuadrimestre. O valor total final de cada destreza é como segue: gramática e uso (15%), lectura e vocabulario (20%), escoita (15%) 50
Traballos e proxectos As competencias escritas serán avaliadas por medio de composicións escritas asignadas polo profesor ó longo do curso e que serán entregadas progresivamente. A data límite de entrega de cada composición corresponderase sempre coa petición do seguinte encargo. A data final da derradeira composición do curso corresponderase coa data sinalada polo profesor para a proba final das competencias descritas no apartado anterior. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

(1) AVALIACIÓN CONTINUA 

O proceso de avaliación arriba descrito será válido para todo o alumnado, que terá que asistir, como mínimo, a un 80% das sesións das que se compón o curso, tanto de tipo teórico como de tipo práctico. Se algunha alumna ou alumno non pode cumprir con este requisito (80% da asistencia), deberá comunicarllo ó profesor argumentadamente.

Cada unha das destrezas da lingua será avaliada mediante probas específicas, tal e como se indica arriba, ao longo do curso. As datas de entrega de traballos escritos fixaranse no calendario con antelación suficiente.

O alumnado que non supere a materia mediante a avaliación continua terá que se presentar en xullo [véxase (2)].

O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un suspenso automático na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumno ou alumna da súa responsabilidade.

(2) SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO)

O alumnado que non asista ao mínimo de sesións presenciais sinalado en (1) ou suspenda a avaliación continua será avaliado mediante un único exame final no mes de xullo. Este exame computará coma o 100% da nota e constará de cinco partes, correspondentes a gramática e uso (15%), lectura e vocabulario (20%), escrita (25%), escoita (15%) e produción oral (25%).

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000