A avaliación será
continua. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios
(entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final): (1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas
sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%). (2) Entrega de actividades puntuais (resolución de exercicios, etc.)
que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo
aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC (10%). (3) Proba escrita (30%): realizarase a semana do 4 de abril en horario
de clase e abarcará os contidos prácticos explicados ata o momento. (4) Proba escrita final (50%): realizarase a semana do 16 de maio
en horario de clase e abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre. Para aprobar a materia é
requisito indispensable obter na proba (4) unha calificación mínima de 5 (sobre
10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa na súa totalidade aínda que a media aritmética
de todas as probas sexa 5 ou superior. O alumnado que non
supere a avaliación continua na primeira edición de actas (maio) deberá
presentarse á proba escrita en xullo con toda o temario. Esta proba contará o 100%. Se algún alumno/a non
pode cumprir coa avaliación continua (ítems 1, 2 e 3), deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso. Este alumnado poderá
realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba escrita que terá lugar
na última semana de clase (16 de maio) e que suporá un 100% da nota. De non
superar a materia nesta edición de actas, poderá presentarse á proba escrita en
xullo, que suporá o 100% da cualificación.
Recoméndase encarecidamente ó alumnado asistir a cantas sesión presenciais
poida
A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso na cualificación final.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade
neste aspecto. |