Guia docente 2015_16
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral A participación activa nas sesións maxistrais e a realización das lecturas previas asignadas teranse en conta como parte da avaliación continua da materia. 5 D1
D2
D3
D4
D5
Seminarios A participación activa nos seminarios terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 5 D1
D2
D3
D4
D5
Resolución de problemas e/ou exercicios A correcta realización dos exercicios propostos nas sesións prácticas terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 10 C3
C4
C5
C7
C8
C9
C13
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita realizada a primeira semana de abril con combinación de preguntas curtas e exercicios. Esta proba ten como finalidade a avaliación das competencias adquiridas ata o momento. O alumnado debe respostar en base aos coñecementos
que ten sobre a materia.
Para resolver os exercicios da proba, o alumnado debe aplicar os coñecementos e competencias
que adquiriu nas semanas iniciais do curso.
30 C3
C4
C5
C7
C8
C9
C13
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita realizada na derradeira semana de curso con combinación de preguntas curtas e exercicios. Esta proba ten como finalidade a avaliación das competencias adquiridas, e inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe respostar en base aos coñecementos que ten sobre a materia completa. Para resolver os exercicios da proba, o alumnado debe aplicar os coñecementos e competencias que adquiriu durante o cuadrimestre. 50 C3
C4
C5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será
continua. Para a avaliación continua computarán os seguintes parámetros obrigatorios
(entre parénteses figuran as porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas
sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%).

(2) Entrega de actividades puntuais (resolución de exercicios, etc.)
que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou sen previo
aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas nas TIC (10%).

(3) Proba escrita (30%): realizarase a semana do 4 de abril en horario
de clase e abarcará os contidos prácticos explicados ata o momento.

(4) Proba escrita final (50%): realizarase a semana do 16 de maio
en horario de clase e abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre.

Para aprobar a materia é
requisito indispensable obter na proba (4) unha calificación mínima de 5 (sobre
10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa na súa totalidade aínda que a media aritmética
de todas as probas sexa 5 ou superior.

O alumnado que non
supere a avaliación continua na primeira edición de actas (maio) deberá
presentarse á proba escrita en xullo con toda o temario. Esta proba contará o 100%. 

Se algún alumno/a non
pode cumprir coa avaliación continua (ítems 1, 2 e 3), deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do curso. Este alumnado poderá
realizar na primeira edición de actas (maio) unha proba escrita que terá lugar
na última semana de clase (16 de maio) e que suporá un 100% da nota. De non
superar a materia nesta edición de actas, poderá presentarse á proba escrita en
xullo, que suporá o 100% da cualificación.



Recoméndase encarecidamente ó alumnado asistir a cantas sesión presenciais
poida

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame
suporá un suspenso na cualificación final.
Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade
neste aspecto.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000