Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A participación activa nas sesións maxistrais e a realización das lecturas previas asignadas teranse en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Seminarios A participación activa nos seminarios terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios A correcta realización dos exercicios propostos nas sesións prácticas terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita realizada ó final do curso con combinación de preguntas curtas e exercicios. Esta proba ten como finalidade a avaliación das competencias adquiridas, e inclúe preguntas directas sobre un aspecto concreto. O alumnado debe respostar en base aos coñecementos
que ten sobre a materia.
Para resolver os exercicios da proba, o alumnado debe aplicar os coñecementos e competencias
que adquiriu.
50
Traballos e proxectos Valorarase a correcta realización dun traballo sobre algún aspecto da morfosintaxe inglesa incluido na guía docente 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A
condición para ser avaliado será a asistencia a un 70% das sesión presenciais
(sesións maxistrais, seminarios e sesións prácticas de resolución de exercicios). Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as
porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%).

(2) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou
sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas
nas TIC (15%).

(3) Proba escrita final
(50%): Abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre,

(4) Traballo e/ou presentación
(25%): Desenvolvemento oral e/ou escrito en grupos de estudantes (mínimo dous, máximo tres) dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ó
comezo do curso.

Para
aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas (3) e (4) unha calificación
mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que
a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

O alumnado que non supere a avaliación continua na
primeira edición de actas (maio) deberá presentarse á proba escrita en xullo, que contará o 100%. 

Se algún alumno/a non pode cumprir coa obrigatoriedade
de asistir ó 70% das sesións maxistrais, seminarios e de resolución de
exercicios, deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do
curso. 
Este alumnado
poderá realizar na primeira
edición de actas (maio) unha proba escrita que
terá lugar na última semana de clase e que suporá un 100% da nota. De non superar a
materia nesta edición de actas, poderá presentarse á proba escrita en xullo, que suporá o 100% da cualificación.


Recoméndase encarecidamente ó alumnado
asistir a
cantas sesión presenciais poida, mesmo que non acade o 70% requirido.

N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a calificación final será de suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000