Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Morfosintaxe do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral A participación activa nas sesións maxistrais e a realización das lecturas previas asignadas teranse en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Seminarios A participación activa nos seminarios terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios A correcta realización dos exercicios propostos nas sesións prácticas terase en conta como parte da avaliación continua da materia. 10
Traballos e proxectos Traballo escrito e presentación oral en grupos (tres persoas máximo) na data que se indique para cada tema ó comezo do curso. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados polo miúdo na clase e en Faitic. En liñas xerais tratarase de estudos descritivos sobre un tema específico relacionado cos contidos da materia nos que se aborden distintas perspectivas teóricas na súa análise. Tamén terá cabida a suxestión de actividades prácticas, posibles estudos de lingüística de corpus ou a aplicación dos contidos á ensinanza da materia. Unha versión escrita breve do traballo será entregada á profesora e o grupo deberá expoñelo na clase con medios audiovisuais durante una duración aproximada de 15 minutos. Antes do remate da sesión, o resto do alumnado deberá intervir para dar a súa opinión, que tamén se lle poderá pedir por escrito en forma de breve enquisa.
A continuación inclúese un listado provisional de temas coa data aproximada de exposición e a estructura do traballo:
Posibles temas:
1. Varieties of English (week 4); 2. Lexical morphology (week 5); 3. Clause type: asking, exclaiming and directing (week 6); 4. Modality and modal verbs (week 7); 5. Negation and related phenomena (week 8); 6. Coordination (week 9); 7. Comparative clauses (week 10); 8. Passive clauses (week 11); 9. Extraposition (week 12); 10. Existential clauses (week 13); 11. The it-cleft construction and pseudo-clefts constructions (week 14); 12. Dislocation, preposing and postposing (week 15).
Structure: 1. Introduction: aims and contents; 2. Terminology and basic definitions; 3. Exemplification and discussion; 4. Discussion of different theoretical approaches (if applicable); 5. Empirical corpus data (if applicable); 6. Conclusions; 7. Exercises (optional); 8. Bibliography
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación será continua. A
condición para ser avaliado será a asistencia a un 80% das sesión presenciais
(sesións maxistrais, seminarios e sesións prácticas de resolución de exercicios). Para a avaliación continua
computarán os seguintes parámetros obrigatorios (entre parénteses figuran as
porcentaxes equivalentes da cualificación final):

(1) Participación activa e lecturas previas, de ser o caso, nas sesións maxistrais (5%) e seminarios (5%).

(2) Entrega de actividades
puntuais (resolución de exercicios, etc.) que a profesora solicite realizar dentro ou fóra da aula, con ou
sen previo aviso, así como grao de desenvolvemento das actividades autónomas
nas TIC (10%).

(3) Proba escrita final
(60%): Abarcará tódolos contidos teóricos e prácticos explicados ao longo do
cuadrimestre,

(4) Traballo e presentación
(20%): Desenvolvemento oral e escrito en grupos de estudantes (mínimo dous, máximo tres) dun
estudo sobre un tema relacionado cos contidos da materia, que será asignado ó
comezo do curso.

Para
aprobar a materia é requisito indispensable obter nas probas (3) e (4) unha calificación
mínima de 4 (sobre 10). De non ser o caso, a materia estaría suspensa aínda que
a media aritmética das dúas probas sexa 5 ou superior.

O alumnado que non supere a avaliación continua na
primeira edición de actas (maio) deberá presentarse á proba escrita en xullo, que contará o 100%. 

Se algún alumno/a non pode cumprir coa obrigatoriedade
de asistir ó 80% das sesións maxistrais, seminarios e de resolución de
exercicios, deberá comunicarllo ó profesorado argumentadamente ó comezo do
curso. 
Este alumnado
poderá realizar na primeira
edición de actas (maio) unha proba escrita que
terá lugar na última semana de clase e que suporá un 100% da nota. De non superar a
materia nesta edición de actas, poderá presentarse á proba escrita en xullo, que suporá o 100% da cualificación.


Recoméndase encarecidamente ó alumnado
asistir a
cantas sesión presenciais poida, mesmo que non acade o 80% requirido.

N.B.: En caso de calquera tipo
de plaxio a calificación final será de suspenso.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000