Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación oral en lingua inglesa por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre un texto do programa.
Na avaliación desta proba terase en conta tanto os contidos da presentación coma a súa correcta expresión lingüística oral e escrita, así como o traballo de preparación desenvolvido nas titorías previas.
20 A2
A3
A4
A5
B2
B3
B4
B6
B7
B9
B10
B11
B12
B13
C143
C144
C145
C146
C150
C151
C152
C153
C155
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial ao remate do primeiro bloque de contidos (poesía).
Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
40 A1
A2
A3
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
C142
C143
C144
C145
C150
C151
C153
C154
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial ao remate do segundo bloque de contidos (narrativa).
Na avaliación desta proba terase en conta tanto o contido coma a súa correcta expresión lingüística e presentación formal.
40 A1
A2
A3
B2
B3
B4
B5
B8
B9
B10
C142
C143
C144
C145
C150
C151
C153
C154
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

O proceso de avaliación descrito arriba está deseñado para o alumnado que asista regularmente ás aulas. O alumnado que non poida asistir con regularidade por algunha razón xustificada deberá comunicarllo á profesora ao comezo do cuadrimestre e será avaliado polo sistema de avaliación única explicado máis abaixo.

É obrigatorio realizar todas as probas previstas na avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das probas serán propostas pola profesora no cronograma entregado o primeiro día de aulas e serán consensuadas co alumnado e publicadas en Faitic con antelación suficiente. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas, non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa profesora, con anterioridade á data da súa realización, para estabelecer unha nova data.

A presentación oral terá lugar durante as aulas prácticas consonte un calendario que se estabelecerá ao comezo do cuadrimestre (dende aproximadamente a semana 5 até o remate do cuadrimestre). Para a súa preparación é obrigatorio asistir a titorías coa profesora. O traballo desenvolvido durante as titorías previas á presentación considerarase parte desta e, xa que logo, tamén será obxecto de avaliación. Cada persoa integrante do grupo será avaliada pola súa contribución individual, tanto á presentación coma ao debate posterior en grupo. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos, que se lle deberán entregar á profesora como mínimo un día antes da presentación a través da plataforma de teledocencia Faitic.

O primeiro exame parcial terá lugar ao remate do primeiro bloque de contidos (semana 7 aproximadamente) e o segundo exame parcial realizarase na data oficial estabelecida no calendario de exames da FFT. A cualificación obtida en cada exame parcial computará polo 40% da cualificación final. No caso de que a cualificación do primeiro parcial (poesía) non acade un 4, a/o estudante deberá realizar un exame global da materia coincidindo coa data do exame oficial. Este exame global computará polo 80% da cualificación final. A media dos dous exames parciais ou, de ser o caso, a nota do exame global deberá ser como mínimo de 5 para considerar superada esa parte da avaliación. De non ser así, deberá repetirse o exame global na avaliación de xullo.

Todas as probas se cualificarán tendo en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa correcta expresión lingüística (oral e/ou escrita) e presentación formal. A existencia de erros lingüísticos graves e/ou unha deficiente presentación formal (ausencia de marxes, mala caligrafía, texto riscado etc) causará unha penalización do 10% na cualificación final da proba en cuestión.

O alumnado avaliado por este sistema non se poderá presentar ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o curso. Só se realizará o cómputo global da materia se se acada como mínimo un 5 en cada parte da avaliación (na presentación e na media dos dous exames parciais). A cualificación global mínima para aprobar a materia é un 5.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan participar na avaliación continua. Neste caso, a/o alumna/o deberá comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial estabelecida no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade.

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas de avaliación.

2. AVALIACIÓN DE XULLO

En xullo a avaliación levarase acabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Ao alumnado de avaliación continua que na primeira edición de actas superara algunha das probas conservaráselle esa cualificación até xullo. En xullo este alumnado repetirá unicamente as probas non superadas.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000