Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación oral por parte do alumnado de traballos elaborados grupalmente sobre temas ou textos do programa que se determinarán baixo a supervisión da profesora. 20 A2
A3
A4
A5
C2
C3
C4
C6
C7
C9
C10
C11
C12
C13
D2
D3
D5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial despois do primeiro bloque de contidos (poesía). 40 A2
A3
C2
C3
C4
C5
C8
C9
C10
D2
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame parcial despois do segundo bloque de contidos (narrativa). 40 A2
A3
C2
C3
C4
C5
C8
C9
C10
D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

A avaliación desenvolverase consonte o
detallado máis arriba.

É obrigatorio realizar todas as probas previstas na
avaliación. As probas non realizadas contarán coma un cero. As datas das probas
serán propostas pola profesora no cronograma entregado o primeiro día de aulas
e serán consensuadas co alumnado e publicadas en Faitic con antelación
suficiente. Se un/ha alumna/o, por causas de forza maior debidamente xustificadas,
non puidese realizar algunha proba, deberá falar coa profesora, con anterioridade á data de realización da proba, para estabelecer unha
nova data.

A presentación oral terá lugar durante as aulas prácticas consonte un calendario que se estabelecerá ao comezo do cuadrimestre (dende aproximadamente a semana 7 até o remate do cuadrimestre). Para a súa preparación é responsabilidade da/do estudante asistir a titorías
coa profesora. Cada persoa integrante do grupo será avaliada pola súa contribución individual. Avaliaranse tanto as competencias referidas ao coñecemento da cuestión analizada como as relacionadas coa construción de argumentos e a súa expresión oral correcta. Deberá utilizarse como apoio software de diapositivas para presentacións, e avaliarase a correcta expresión escrita nestes textos, que se lle deberán entregar á profesora na mesma data da presentación a través da plataforma de teledocencia Tema.

O primeiro exame parcial terá lugar ao remate do primeiro bloque de
contidos (semanas 8 ou 9) e o segundo exame parcial realizarase na
derradeira semana de aulas. A cualificación obtida en cada exame parcial computará polo 40% da cualificación final. No caso de que a cualificación do primeiro parcial (poesía) non acade un 4, a/o estudante deberá realizar novamente unha proba correspondente ao bloque de poesía coincidindo coa data do segundo parcial (narrativa).

Todas as probas cualificaranse tendo en conta non só a pertinencia e calidade
do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

O alumnado avaliado por este sistema non poderá presentarse
ao exame correspondente á avaliación única, e a súa cualificación na primeira
edición de actas corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas
realizadas durante o curso.

Excepcionalmente, haberá unha modalidade de avaliación
única na primeira edición de actas, só para aquelas/es estudantes que por motivos xustificados non poidan
facer un seguimento regular da materia. Neste caso, a/o alumna/o deberá
comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo do cuadrimestre (nas dúas
primeiras semanas de clase). A avaliación constará dun exame único, baseado nos
contidos da materia, que combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de
análise e interpretación de textos e cuxa nota constituirá o 100% da
cualificación final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame
parcial (ver máis arriba).

A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do
dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda
encarecidamente. O alumnado que siga esta modalidade de avaliación será
responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través de Faitic.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba
. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade.

Non é obrigatorio asistir ás aulas, aínda que se recomenda
encarecidamente asistir con regularidade e participar de maneira activa no
desenvolvemento do curso. É responsabilidade do alumnado facer un seguimento da
materia a través de Faitic e estar ao tanto das datas de realización das probas
.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS



Na segunda edición de actas a avaliación levarase a
cabo mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Ao alumnado que na primeira edición de actas superase só a proba correspondente a un dos bloques de contido (poesía ou narrativa) conservaráselle esa cualificación até xullo. Na segunda edición de actas este alumnado examinarase unicamente da materia correspondente ao bloque non superado.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000