Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Linguas Estranxeiras
 Materias
  Análise e interpretación literaria de textos do primeiro idioma estranxeiro: Inglés
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Avaliarase a participación e implicación individual do alumnado nas sesións presenciais, tanto nas clases maxistrais coma, moi especialmente, nas prácticas e nos debates de comentario dos textos, tanto en grupo pequeno coma en gran grupo. Valorarase non só a participación cuantitativa senón tamén a pertinencia das achegas. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas orais e/ou escritas, individuais e/ou grupais, nas que o alumnado debe realizar exercicios de análise e comentario crítico de textos aplicando os conceptos teóricos estudados nas aulas, empregando o vocabulario específico e a terminoloxía crítica, identificando os recursos formais e aspectos estilísticos relevantes e axeitándose ás normas académicas de elaboración de traballos científicos. Estes exercicios poderanse realizar tanto presencial coma non presencialmente. Na avaliación teranse en conta a adquisición das competencias referidas tanto ao coñecemento da cuestión analizada coma á construción de argumentos e a súa correcta expresión escrita ou oral. 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Haberá dous exames parciais sobre os contidos da materia. O primeiro terá lugar ao final da unidade dedicada ao xénero da poesía. O segundo parcial celebrarase entre a penúltima e a última semana de aulas. A data concreta acordarase entre alumnado e profesora con antelación suficiente. As cualificacións obtidas en ambos os parciais farán media aritmética e o resultado constituirá o 50% da cualificación final da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación para o alumnado que asiste regularmente ás aulas (opción recomendada)

A avaliación do alumnado que asiste regularmente ás aulas realizarase consonte o detallado máis arriba. A asistencia ás aulas será verificada mediante a sinatura no parte diario de asistencia.

É obrigatorio realizar e, no seu caso, entregar no prazo estabelecido todos os traballos
asignados durante o desenvolvemento das aulas. Os traballos non entregados
ou entregados fóra de prazo contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos
que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan
erros gramaticais graves contarán coma un cero.

A non realización dun exame parcial suporá un cero. Se
un/ha alumna/o, por motivos xustificados con anterioridade á proba,
non se puidese presentar á primeira proba parcial, deberá realizar as dúas
probas parciais na data correspondente á segunda proba. A cualificación obtida
computará polo 50% da cualificación final.

O alumnado avaliado por este sistema non poderá
presentarse ao exame correspondente á avaliación única (ver apartado 1.2.), e a súa cualificación na primeira edición de actas
corresponderá ao cómputo das notas obtidas nas probas realizadas durante o
curso.

A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado
da súa responsabilidade.

1.2. Avaliación única

Se algunha alumna/o non pode asistir ás aulas con regularidade por motivos
xustificados, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo
do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase). Nese caso, será
ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise e interpretación de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na mesma data ca o segundo exame parcial (ver máis arriba), data que será acordada entre profesora e alumnado e comunicada a través de Faitic con antelación suficiente.

A escolla desta opción
en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa
posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta
modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa
materia a través de Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo
mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.



Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000