1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS
1.1. Avaliación continua Na primeira edición de actas a avaliación será continua, consonte o detallado máis arriba. A
condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das aulas.
É obrigatorio realizar e entregar no prazo estabelecido todos os traballos
asignados durante o desenvolvemento das aulas. Os traballos non entregados
ou entregados fóra de prazo contarán coma un cero. Do mesmo xeito, os traballos
que non cumpran os requisitos mínimos de corrección lingüística e conteñan
erros gramaticais graves contarán coma un cero. O plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo suporá un cero nese
traballo. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado
da súa responsabilidade. 1.2. Avaliación única Se algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos
xustificados, deberá comunicarllo á profesora argumentadamente ao comezo
do cuadrimestre (nas dúas primeiras semanas de clase). Nese caso, poderá
ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que
combinará preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de maio/xuño aprobada pola Xunta de Facultade. A escolla desta opción
en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa
posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que siga esta
modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa
materia a través de Faitic. 2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS
Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo
mediante un exame único, baseado nos contidos da materia, que combinará
preguntas teóricas e exercicios prácticos de análise de textos e cuxa nota
constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.
Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas
e titorías con regularidade e se implique activamente no seu proceso de
aprendizaxe. |